En busca de Summerland
Sinopse
Venres, 23 de abril, ás 19:00 horas e domingo 25 de abril ás 19:30 horas
En Inglaterra, durante a Segunda Guerra Mundial, moitos nenos foron evacuados das cidades e enviados a pequenos pobos con familias que temporalmente facíanse cargo deles. Cando un deste nenos, Frank, é asignado a Alice, unha escritora solitaria e atormentada pr unha historia do pasado, ela resístese a aceptalo. Porén, pouco a pouco, ao irse coñecendo, a inocencia e curiosidade de Frank fan que Alice abra o seu corazón, desbloqueando recordos e sentimentos que cría esqucidos.
Ficha técnica
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Críticas
“Soleado drama romántico inglés (…) agradable de ver nestes tempos nos que é bo recuperar a maxia das historias.” (Irene Crespo, Cinemanía)
“Aventura imperfecta e íntima que consegue sobreporse á etiqueta de cine comprometido, necesario e, basicamente, bonito.” (Pablo Vázquez, Fotogramas)
“A trama enrevesada escurece algúns puntos narrativos (…) pero hai que aplaudir a dirección e a actuación de Gemma Aterton por facer que sexa convincente.” (Kate Erbland, IndieWire)