Entre las higueras
Sinopse
No noroeste de Tunisia, Sana, Fidé, Melek e Abdú traballan recollendo figos. Baixo a testemuña das árbores, desenvolven novos sentimentos, discuten, atópanse e rexéitanse, coquetean e tentan entenderse. Aolongo do día, a horta convértese nun teatro de emocións, onde se presentan os soños e as esperanzas de cada un deles.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
Película luminosa e xovial. Carece de argumento no sentido tradicional, mais sedúcenos, e moito, polo ton natural que a envolve, pola proximidade aos seus personaxes e a honestidade de quen os contempla.” (Jordi Batlle Caminal, La Vanguardia)
“Un solvente debut que demostra unha sensibilidade moi persoal para captar o detalle emocional que non por iso deixa delado unha mirada política marcada pola perspectiva de xénero.” (Jara Yáñez,Caimán)
“Baixo o sol da campiña magrebí existe un cine delicado e político (...) A aposta polos planos curtos e delicados, e unha montaxe dinámica conseguen que a película se mova cunha fluidez atípica.” (Paula Arantzazu, Cinemanía)