Filmoteca xaneiro-marzo
Sinopse
Ola a todos e todas. O próximo domingo día 26 de xaneiro comenzamos outra vez coa programación Filmoteca, un ciclo que realizamos grazas á colaboración entre a Federación de cine club de Galicia e o Agadic, e que nos permite completar a nosa programación habitual dos venres pola tarde-noite con unha serie de películas recentes que proxectaremos os domingos en sesións de 19:00 horas, sempre e cando a utilización do Auditorio Manuel María do Carballiño o permita. Para estes meses de xaneiro, febreiro e marzo temos seleccionadas cinco películas de diferentes nacionalidades, comenzando con unha das mellores películas españolas da tempada, Los destellos, último filme de Pilar Palomero, con catro nominacións nos premios Goya. Continuaremos o 2 de febreiro con unha comedia arxentina, Puan, protagonizada por Marcelo Subiotto (premio á mellor interpretación protagonista no Festival de San Sebastián) e Leonardo Sbaraglia e nominada ao Goya como mellor película iberoamericana. Para pechar febreiro, o día 16 teremos a última película estreada polo director iraní Jafar Panahi, Los osos no existen, Premio especial do Xurado no Festival de Venecia. Xa en marzo teremos outros dous filmes, o día 2 proxectaremos Nuestro día, de Hong Sang-soo, o gran poeta das pequenas cousas e a beleza do cotidiano, e pecharemos o día 30 de marzo coa película francesa El último verano, de Catherine Breillat, gañadora do premio especial do Xurado no Festival de Gijón, con catro niminacións nos premios da academia francesa, os Cesar, e nominada tamén á Palma de Ouro no Festival de Cannes.
A programación de Filmoteca continuará ao longo do ano, con datas e películas que iremos anunciando.