The Guilty
Sinopse
Asger Holm, un oficial de policía, ven de ser suspendido temporalmente das súas funcións e relegado a operador do servizo de emerxencias. Durante a súa rutineira quenda de noite recibe a estraña chamada dunha muller aterrada. A pesares da súa reacción de sorpresa, Asger decátase de que a muller ao outro lado do teléfono foi secuestrada. Comeza entón unha busca: recluído na mesa da centralita de emerxencias, terá que localizar e axudar á muller.
Ficha técnica
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
Festival de Sundance 2018: Premio do Público - Drama
Seminci de Valladolid 2018: Mellor Guión
Críticas
“Sorprendente e soberbia ópera prima (…) Partindo dun extraordinario, detallista e moi preciso guión, Möller provoca tensión e desacougo do primeiro ao derradeiro minuto (…) Dio mellor do ano.” (Alberto Luchini, El Mundo)
“Pouca música, pouca xestualidade (…) todo o peso da trama, o suspense, a tensión, envórcase cara ese outro lugar que nunca vemos na pantalla, pero que construímos con absoluta nitidez.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Un bo guión, un bo actor (…) durante 90 minutos estou dentro do que me están a contar, angústiome polo que ocorre, temo polo desenlace, transmíteme o suspense ante situación tan pavorosa.” (Carlos Boyero, El País)