Infiltrado en el KKK
Sinopse
A principios dos anos 70, nunha época de axitación social coa encarnizada loita polos dereitos civís coma pano de fondo, Ron Stallworth convértese no primeiro axente negro do departamento de policía de Colorado Springs, sendo recibido con escepticismo e hostilidade polos mandos e algúns dos axentes.
Sen amedrentarse, decide seguir adiante e facer algo pola súa comunidade levando a cabo unha misión moi perigosa: infiltrarse no Ku Klux Klan e expoñelo ante a cidade.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de Cannes 2018: Gran Premio do Xurado
- Premios Oscar 2018: Mellor Guión Adaptado
Críticas
“Spike Lee regresa á parte máis brillante de si mesmo(…) recupero o ritmo, as maneiras o ácido e ata o flow de antes.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Unha historia real (…) que permite a Spike Lee mesturar elementos que manexa con autoridade, o sentido do humor negro, o ritmo potente, a inxustiza racial e o choque de supremacías ben captadas sempre pola súa cámara.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Proposta atrevida, valente, gozosamente irreverente, enxeñosa, e desinhibida, por momentos hilarante.” (Alberto Bermejo, El Mundo