La deseducación de Cameron Post
Sinopse
1993. Tras a morte de seus pais, unha rapaza de Montana, Cameron, debe ir vivir coa súa tía, unha muller moi conservadora.
A vida da rapaza complícase aínda máis cando é descuberta coa súa mellor amiga nunha situación algo comprometida e será obrigada a asistir a un centro de terapia relixioso para reorientar a sexualidade de mozos e mozas homosexuais.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de Sundance 2018: Mellor Película
- Festival de Valladolid 2018: Espiga de Prata
Críticas
“Fai bandeira do naturalismo frugal e da mesura estilísitca (…) O resultado é unha obra chocantemente adusta.” (Antonio Trashorras, Fotogramas)
“Ten todos os atributos das películas indies dos 90, fundamentalmente as interpretacións espontáneas e unha narrativa sinxela.” (Quim Casas, El Periódico)
“A directora no so ten mirada, senón tamén discurso e, sobre todo, sentido da medida. Tamén ten a capacidade de manexar un tema que non ten ningunha graza mediante un ton que non exclúe a incisiva punzada irónica.” (Jordi Costa, El País)