Las chicas de la estación
Sinopse
Jara, Álex e Miranda son tres rapazas que creceron nun centro de menores sen saber que é o amor sen condicións. É o aniversario de Jara e as tres queren celebralo no concerto da súa trap queen favorita. Necesitan cartos e non teñen moitas opcións para conseguilos. Coñecen a unha rapaza algo maior, ex interna tamén, que se dedica a conseguir citas con adultos nos baños da estación de autobuses e que lles propón gañar algo de diñeiro doado.
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
“Na posta en escena, Macías ofrece unha lección de elegancia e pudor, sen perder o contacto coas desgrazas. (…) Unha historia demoledora coa que resulta inevitable o arrepío.” (Javier Ocaña, El País) “Entre todas (…) acadan que unha historia repugnante no vital, social e político constrúa unha película dura, crítica, pero tamén hixiénica polo que conta e polo que suxire.” (Oti Rodríguez Marchante, ABBC) “Drama social con moito talento debutante. (…) O maior acerto de Macías radica no reparto, de debutantes non profesionais, que dotan nervio e autenticidade ao drama.” (Juan Pardo, Fotogramas)