O Cinematomago
Sinopse
Como parte da celebración dos 50 anos do Cineclube Carballiño, decidimos traer este espectáculo a O Carballiño.
Sobre o espectáculo:
Un cinematógrafo é un aparato que permite proxectar imaxes creando unha sensación de movemento, e un mago e unha persoa que ten a capacidade de conseguir cousas extraordinarias cos seus poderes sobrenaturais. O cinematomago é esa personaxe que converte esas imaxes en movemento en maxia.
Tod@s escoitamos falar nalgunha ocasión da “maxia do cine”. Pois nesta ocasión a través do seu cinematomago, O mago Paco fará desta frase unha realidade presentándonos distintos clásicos do cine de todos os tempos a través da maxia. Convertindo esas míticas esceas nun espectáculo máxico en directo e coa colaboración imprescindible do seu público.
Emoción, lembranzas, gargalladas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito.
¿Preparad@s para vivir a maxia do cine en directo?
3,2,1… MAXIA E ACCIÓN.
Público: a partir de 3 anos