Pacifiction
Sinopse
Na illa de Tahiti, na Polinesia Francesa, o Alto Comisionado da República, De Roller, representante do estado francés, é un home calculador, de modais impecables. Tanto nas recepcións oficiais como nos establecementos ilegais, non deixa de tomar o pulso a unha poboación local cuxa ira pode espertar en calquera momento. E máis aínda cando un rumor se instala: semella que avistaron un submarino, o que podería anunciar un reinicio dos ensaios nucleares franceses.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
- Premios César da Cinematografía Francesa 2022: MellorActor (Benoît Magimel) e Mellor Fotografía
- Premios Gaudí 2022: Mellor Película en fala noncatalana, Mellor Fotografía e Dirección Artística
- Premios Cahiers du Cinéma 2022: Mellor Película
- Premios Cineuropa 2022: Mellor Película
Críticas
"Unha luminosa inmersión nun paraíso decadente e crepuscular (...) dunha beleza nocturna e arrebatada (...) A riqueza expresiva de Serra, a súa potencia estética, non para de crecer (...) Unha película tan extraterrestre como humana.”(Elsa Fernández Santos, El País)
“É unha obra profunda e catártica que planea pola pantalla coma un animal ferido, na procura de imaxes nunca vistas, de silenzos xamais imaxinados, dunha escura ameaza que se enreda nas alas dos anxos.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Unha obra abrumadamente cativadora (...) resulta intrigante, bela, desconcertante, tenra, melancólica, sedutora, absurda e aratos, hipnótica.”(Nando Salvá,El Periódico