Aki Kaurismäki

Descrición

(1957, Orimattila, Finlandia)
Tras realizar multitude de traballos, de carteiro a lavapratos, empeza a relacionarse co cine como crítico, antes de crear a súa propia produtora, Villealfa, xunto con seu irmán maior Mika. Comezan entón a dirixir e producir películas, chegando entre os dous a producir un quinto das películas levadas a cabo en Finlandia a partir dos anos 80 dende que Aki debutou con Crimen y castigo (1980).
Aki Kaurismäki conseguiu acadar éxito internacional, especialmente a partir de La chica de la fábrica de cerillas (1990) coa que triunfou no Festival Internacional de Berlín. Contraté un asesino a sueldo (1990), Juha (1999), ou El Havre (2011) son outras das súas realizacións máis coñecidas, nas que amosa os trazos característicos do seu cine, entre os que destacan as excéntricas parodias de varios xéneros (road movies, cine negro ou musicais de rock) e os personaxes parcos en palabras

Películas