Alejandro González Iñárritu

Descrición

Tras cruzar o Atlántico traballando nun barco, e recorrer Europa e África entre os 17 e os 19 anos, regresa a México DF para ingresar na Universidade Iberoamericana, deixando porén a súa carreira en comunicacións para dedicarse por enteiro á práctica, chegando a ser o director dunha estación de radio de rock. Xa nos anos 90 crea Z Films, xunto con Raúl Olvera, coa idea de escribir, producir e dirixir películas, curtas, anuncios e programas de Tv.

En 1999 dirixe a súa primeira longametraxe, Amores perros, coa que acada un notable éxito internacional, chegando a obter o Gran Premio da Semana da Crítica en Cannes. A película foi escrita por Guillermo Arriaga, o seu colaborador nas dúas seguintes: 21 gramos (2003) e Babel (2005). Tras esta, porán fin a súa colaboración. En 2010 dirixe, tras escribir en solitario, Biutiful, con Javier Bardem de protagonista.

A pesar de tódolos éxitos internacionais, Alejandro González Iñárritu conságrase coma un dos grandes directores da actualidade coas súas dúas últimas (e impresionantes) obras: Birdman (2014) e El renacido (2015), polas que se converteu nun dos únicos tres directores que obtiveron o Oscar ao mellor director dous anos consecutivos, xunto a John Ford e Joseph L. Mankiewicz.

Películas