Belén Funes
Descrición
A directora, Belén Funes (1984, Barcelona, Cataluña, España)
Guionista e directora, licenciada en dirección cinematográfica na ESCAC (Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña). En 2008 conseguiu unha beca para acceder ao Máster de Escritura de Guión na Escola de Cine Cubano, en San Antonio de los Baños. Alí comeza a traballar dentro da industria cinematográfica, desenvolvendo diferentes roles, como axudante de dirección ou no departamento de casting, ata licenciarse en script.
Traballa coma script e directora de segunda unidade en películas coma Tengo ganas de ti (2012), El niño (2014), Murieron por encima de sus posibilidades (2014) ou Nadie quiere la noche (2015), onde coincide con Isabel Coixet. Que lle producirá a súa primeira curtametraxe: Sara a la fuga (2015), pola que obtivo varios premios en festivais. Tras outra curtametraxe, La inútil (2016), dirixe a súa primeira longametraxe, La hija de un ladrón (2019).Tamén se encargou do guión de todas as súas obras, sempre coa colaboración na escritura de Marçal Cebrián.
- Premio Goya 2020: Mellor Dirección Novel