Benito Zambrano

Descrición

O director, Benito Zambrano (1965, Lebrija, Sevilla, España)

Estudou Arte Dramático en Sevilla antes de viaxar a Cuba, á Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños. A comezos dos anos noventa empeza a filmar curtametraxes, facendo a súa primeira longametraxe en 1999: Solas, sobre a soidade, a vellez e as relacións familiares, coa que obtivo varios premios Goya, entre eles o de mellor dirección novel.

Tras encargarse da serie de televisión Padre Coraje (2002), volve á pantalla grande con Habana Blues (2005), a historia de dous rapaces músicos na Habana que pretende chegar a España.

En 2011, con La voz dormida, adapta o libro de Dulce Chacón sobre testemuñas de mulleres do bando republicano en tempos da posguerra.

Activista político e social, tras un tempo dedicado á política, e no que tamén fundou ACCIÓN (Asociación de Directores e Directoras de Cine), retorna en 2019 coa película Intemperie.

Películas