Céline Sciamma
Descrición
A directora, Céline Sciamma (1980, Pôntoise, Val-d’Oise, Francia)
Licenciada pola Escola Nacional Superior de Oficios de Imaxe e Son, comeza escribindo guións para diversas curtametraxes antes de dirixir a súa primeira: Pauline (2009), que formará parte dunha campaña gobernamental francesa contra a homofobia. Posteriormente escrebe e dirixe a súa primeira longametraxe: Tomboy (2011), coa que obtén un gran éxito a nivel de crítica, sendo premiada en varios festivais internacionais, como o de Berlín, por exemplo.
Tras La banda de las chicas (2014), encárgase do guión de producións para outra xente, ata que en 2018 volve a escribir e dirixir: Retrato de una mujer en llamas.
O seu estilo considérase minimalista, en parte polas ensinanzas de Xavier Beauvois, o seu mentor. Cunha moi estilizada posta en escena, as súas obras céntranse no traxecto á madurez de adolescentes ou preadolescentes. Sciamma está ademais moi interesada na fluidez de xénero e identidade sexual entre rapazas nese período de crecemento. Outra das características das súas películas é o uso de persoas que non son actores profesionais, así como a importancia da moda e o estilo, de tal forma que, aínda que sen acreditar, soe traballar coma deseñadora de vestiario nas súas producións.