Carmen Blanco
Descrición
A directora, Carmen Blanco (1991, Cádiz, España)
Licenciada en Comunicación audiovisual pola Universidade de Málaga, posteriormente fixo un Máster en Guión Cinematográfico na Escola TAI de Madrid. Xunto a varios compañeiros da Universidade fundou a produtora independente Abismo Films, a través da cal comezaron a producir diversas curtametraxes. Carmen escribiu e dirixiu, entre outras, Vintage (2014) ou El último unicornio (2017). Ademais, colaborou noutras curtas en calidade de co-guionista, co-directora, auxiliar de cámara ou incluso auxiliar de vestiario.
Tras producir varias curtametraxes, tanto propias coma dos seus compañeiros, sempre a través de Abismo Films, decidíronse a producir unha longametraxe. En palabras da propia Carmen Blanco “rodar en España é para valentes. Sobre todo unha ópera prima. Cando quixemos rodar esta longametraxe comezamos a buscar financiamento, pero no tiñamos nada que nos avalara, porque era a nosa primeira película. Así que decidimos autofinaciarnos mediante crowfunding e tamén apostando os nosos aforros”