David Mackenzie

Descrición

(1966, Corbridge, Escocia)
Tras estudar Arte e Deseño en Dundee, David Mackenzie comeza a súa carreira cunha serie de curtametraxes coas que obtén varios premios a nivel internacional que lle permiten realizar a súa primeira película de longa duración en 2002: The Last Great Wilderness, da que tamén é autor do guión, e protagonizada polo seu propio irmán, Alastair.
Young Adam (2003) é a súa segunda longametraxe, adaptación da novela de culto do autor escocés Alexander Trocchi, e con Ewan McGregor no papel principal. Mackenzie foi tamén o encargado de realizar o guión, faceta que xa deixaría nas súas seguintes longametraxes, coma Obsesión (2005), Perfect Sense (2011) ou Convicto (2013).
Comanchería (2016) é ata o de agora a súa última produción, coa que ven de obter o seu maior éxito, tanto a nivel de público como de crítica

Películas