Erik Poppe

Descrición

O director, Erik Poppe (1960, Oslo, Noruega)

Creceu a cabalo entre Noruega e Portugal. Comezou coma fotógrafo para o periódico Verdens Gang e para Reuters, chegando incluso a ser premiado tanto pola prensa norueguesa como pola World Press Photo. Porén, tras estar hospitalizado un tempo por un traballo en Colombia, decide dar un rumbo a súa carreira e comeza a estudar cine en Estocolmo. Iníciase coma director de fotografía, traballo que desenvolve durante varios anos, nos que tamén é recoñecido e premiado.

Sempre inconformista, dá un novo xiro a súa carreira ao abandonar definitivamente a fotografía e comezar a dirixir. Schpaaa (1998) é o seu debut, seguida de Hawaii, Oslo (2004) e DeUsynlige (2008), que conforman a súa persoal triloxía sobre Oslo. Mil veces buenas noches (2013) é a súa seguinte obra, esta vez en lingua inglesa, e en certa forma, autobiográfica.

La decisión del rey (2016) foi a súa película anterior.

Películas