Hirokazu Koreeda
Descrición
O director, Hirokazu Koreeda (1962, Tokio, Xapón)
Orixinalmente interesado en ser novelista, tras graduarse na Universidade de Waseda traballou coma asistente de dirección para documentais en televisión. Deu o paso á dirección en 1991 con documental Lessons from a Calf. A súa longametraxe de debut foi Marobosi (1995), que obtivo varios premios a nivel internacional e deuno a coñecer, converténdoo nun clásico dos festivais. As súas seguintes películas tamén foron premiadas noutros festivais en Buenos Aires, Cannes, Vancouver, etc. Entre elas cabe destacar: After Life (1998), Hana (2006), Air Doll (2009), Milagro (2011) ou máis recentemente, De tal padre, tal hijo (2013 e Después de la tormenta (2016).
O cine de Koreeda maniféstase en dramas humanistas cun estilo sensible e melancólico, a miúdo reflectindo relacións paterno-filiais, amosando escenas da vida cotiá das súas personaxes,