Jean-Paul Rouve

Descrición

O director, Jean-Paul Rouve (1967, Dunquerque, Francia)

Actor, guionista e director francés, comezou facendo teatro na súa xuventude. Tras estudar Ciencias da Información, queda en París facendo pequenos traballos ata que lle chega a súa oportunidade coa serie de TV Julie Lescaut (1993-1999). Durante esa época, alterna o seu traballo na televisión co teatro.

A partires dos anos 2000 comeza a ser máis asiduo na pantalla grande, participando en palículas coma Podium (2004), Largo domingo de noviazgo (2004), Bunker Paradise (2005), Nos jours hereux (2006) ou La vida en rosa (2007).

Sen deixar a súa carreira actoral, da o salto á dirección en 2008 con Sans arme, ni haine, ni violence. Non se prodiga demasiado tras a cámara, dirixindo unicamente dúas películas máis antes de Lola y sus hermanos: Quand je serai petit (2012) e Los recuerdos (2014), sendo o guionista de todas elas, e tamén participando coma actor.

Películas