JOHN CARNEY
Descrición
O director, John Carney (1972, Dublín, Irlanda)
Entre 1991 e 1993 foi baixista da banda de rock irlandesa The Frames, así coma director de varios dos seus vídeos musicais. Ao mesmo tempo, dirixiu tamén varias curtametraxes, polas que gañou varios premios.
Debuta coa longametraxe November afternoon (1996), que a pesar de ter unha distribución mínima foi aclamada coma película do ano polo periódico Irish times. Nela, o propio John Carney compuxo a banda sonora de jazz.
Tras varias películas que non obtiveron especial repercusión, principalmente pola escasa distribución, en 2006 dirixe Once, coa que si acada éxito de crítica e especialmente de público. O devandito éxito fixo que Zonald, unha película co-dirixida por el en 2003 se estreara en 2009.
En 2013, con Begin Again, volve a obter recoñecemento mundial.