Jonás Trueba

Descrición

O director, Jonás Trueba (1981, Madrid, España)

Fillo de Fernando Trueba e Cristina Huete, comeza no mundo do cine coma guionista, participando en varias películas, entre elas El baile de la victoria (2009), guión polo que foi nominado ao Goya ao Mellor Guión Adaptado. Posteriormente, escribiu e dirixiu as longametraxes Todas las canciones hablan de mí (2010), pola que foi nominado ao Goya ao Mellor Director Revelación, e Los ilusos (2013). Con Los exiliados románticos (2015) gañou o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga.

Tras La reconquista (2016) leva a cabo un proxecto cinematográfico que, baixo o nome de Quien lo impide, pretende aproximarse aos adolescentes de hoxe, transcendendo os formatos de película tradicional e as súas canles habituais de difusión.

Compaxina a dirección coa docencia universitaria como profesor de Dirección Cinematográfica.

Películas