Jorge Algora

Descrición

(1963, Madrid, España)
Licenciado na Escola Superior de Arte Dramático de Madrid, fixo a súa primeira peza audiovisual en 1984. Dende entón traballa ininterrompidamente na dirección e realización de películas, documentais, programas de televisión e publicidade. En 1986 múdase a Galicia, onde realiza a maior parte das súas producións.
Actualmente, é director e realizador en Adivina Producciones. Foi director-realizador de CAI Producciones, realizador de Vídeo Trama, e realizador-guionista do Centro de Axudas á ensinanza con Medios Audiovisuais de Madrid.
Tras rodar diversas curtametraxes e documentais, a súa ópera prima no mundo das longametraxes é El niño de barro (2007), da que tamén se encargou do guión e pola que obtivo 9 premios Mestre Mateo

Películas