Ken Loach

Descrición

O director, Ken Loach (1936, Nuneaton, Warwickshire, Inglaterra, Reino Unido)

Tras estudar Dereito na universidade St. Peter’s, en Oxford, interesouse polo teatro, comezando a colaborar con diversas compañías, o que o levou á televisión, onde comezou a producir unha serie de docudramas, alcanzando un éxito brutal con Cathy come home (1966), que tivo un impacto tal que fixo que se modificaran as leis sobre as persoas sen teito.

Ó ano seguinte dirixe a súa primeira película para a gran pantalla, Poor cow. Porén, a pesares de seguir dirixindo e producindo para a televisión, as súas longametraxes non acadan gran éxito, principalmente por unha pobre distribución. Todo cambia na década dos 90 do pasado século, onde non só obtén o recoñecemento a nivel de público senón tamén da crítica, con premios en Cannes, nos premios do cine Europeo, San Sebastián e moitos máis festivais por todo o mundo, pero especialmente en Europa, con filmes coma: Riff-raff (1991), Lloviendo piedras (1993), ou Tierra y libertad (1995).

A partires de La canción de Carla (1996) comeza unha frutífera relación profesional co guionista Paul Laverty, da cal sairán obras coma Mi nombre es Joe (1998), Felices dieciséis (2002), El viento que agita la cebada (2006), También la lluvia (2010) e máis recentemente Yo Daniel Blake (2016).

Películas