Kike Maíllo

Descrición

(1975, Barcelona, España)

En 1994 iniciou estudos cinematográficos na Escola Superior de Cine e Audiovisuais de Cataluña (ESCAC), graduándose na especialidade de Dirección Cinematográfica coa curtametraxe Las cabras de Freud (1999). Tras iso, comeza a súa actividade docente na ESCAC, onde supervisa as clases de prácticas e imparte varias materias de guión e dirección cinematográfica.

Inicia tamén a súa andadura publicitaria coma creativo e realizador no marco da pequena compañía Kikeyluis (fundada xunto a Lluís Segura). Paralelamente, escribiu e dirixiu a súa segunda curtametraxe, Los perros de Pavlov (2003), participando en máis de corenta festivais e recibindo máis de 20 premios.

A partires de 2006 dirixiu diversos videoclips para artistas como Pastora Soler, El Langui o Manos de Topo. De 2009 a 2012 dirixiu a serie de animación Arròs covat, galardoada co premio Ondas.

En 2011 estreou a súa primeira longametraxe, EVA, película de ciencia ficción galardoada con cinco premios Gaudí e tres premios Goya, entre eles o Goya ó director novel.
Toro é a súa segunda longametraxe como director, abrindo con ela a 19ª edición do Festival de Málaga.

Películas