Kleber Mendoça Filho
Descrición
(1968, Recife, Pernambuco, Brasil)
Graduado en Periodismo pola Universidade de Pernambuco, comezou facendo críticas de cine para periódicos, revistas e para a súa propia páxina web, Cinemascópio. Como director, tras iniciarse co formato de vídeo, coa entrada no novo século pásase ao formato dixital e aos 35mm, dirixindo varias curtametraxes coma Vinil Verde (2004) ou Electrodoméstica (2005), así coma un documental, Crítico (2008), no que ata 70 críticos e directores de cine reflexionan sobre a propia relación entre artista e crítico.
En 2012 realiza a súa opera prima: O som ao redor, coa que obtén un gran éxito de crítica, sendo incluída nalgunha lista coma unha das mellores de ese ano, chegando a ser eloxiada polo propio Caetano Veloso. Doña Clara é a súa segunda película ata o de agora.