Lenny Abrahamson
Descrición
Lenny Abrahamson (1966, Dublín,Irlanda) estudou Filosofía no Trinity College Dublin. Mentres estaba na universidade xa dirixiu varias curtametraxes coa Trinity Video Society, da que é cofundador. Tras graduarse con honores, seguiu dirixindo, e obtendo premios, como á Mellor Curtametraxe Europea do Festival de Cork, en 1991.
Tras dirixir varios anuncios para a televisión, dirixe a súa primeira longametraxe, Adam & Paul (2004), unha comedia coa que tamén obtén diversos premios en festivais internacionais. Con Garage (2007) é seleccionado para participar no Festival Internacional de Cannes na Quincena de Realizadores.
Tras un pequeno paso pola televisión, dirixe What Richard did (2012) e Frank (2014).