Levan Akin
Descrición
O director, Levan Akin (1979, Estocolmo, Suecia)
Fillo de emigrantes xeorxianos en Suecia, comeza coma axudante de dirección en producións cinematográficas principalmente para a televisión. En 2008 gaña un premio pola codirección da curtametraxe De sista sakerna xunto á directora Erika Stark. Posteriormente dirixe varias series de tv, ata que no ano 2011 debuta na pantalla grande coa opera prima Katinkas.
Segue dirixindo series para a televisión e en 2015 estrea a súa segunda longametraxe, El círculo.
Solo nos queda bailar (2019), a súa terceira película, foi un proxecto que levaba na súa mente dende o ano 2013 cando viu a dura opresión a un intento de marcha do orgullo gay en Xeorxia en 2013. Segundo as palabras do propio director: “Vin a noticia dende Suecia, na tv. Os valentes que intentaron manifestarse sufriron o ataque de persoas organizadas pola Igrexa Ortodoxa. Non podía esquecer ese episodio e en 2016 fun a Xeorxia para investigar sobre elo”. Tras tres anos de documentación, e moitas dificultades na rodaxe (mesmo necesitaron gardacostas ante as ameazas explícitas que recibiron) finalmente o proxecto puido saír adiante, conseguindo incluso estrearse en Tblisi a pesares das manifestacións organizadas na súa contra.