Michael Moore
Descrición
O director, Michael Moore (Flint, Michigan, EEUU, 1954)
Estudou xornalismo na Universidade de Michigan-Flint, ao tempo que practicaba as súas afeccións, como rodar curtas ou disparar armas, na que incluso gañou algunhas competicións. Comezou a súa carreira periodística escribindo para o xornal escolar The Michigan Times, pasando logo a traballar coma editor para Mother Jones.
Volveu despois á dirección, e para gañar diñeiro co obxectivo de rodar a súa primeira longametraxe, Roger y yo (1989), dirixiu un bingo na súa veciñanza. O éxito do filme lanzou a súa carreira coma un dos máis recoñecidos e controvertidos documentalistas americanos. Así, dirixiu unha serie de documentais, basicamente cun mesmo denominador común: ataques á corrupción política e as corporacións avariciosas.
Bowling for Columbine (2002), sobre a matanza no instituto de Columbine e o dereito a portar armas, supón o seu maior éxito, acadando incluso o Óscar ao Mellor Documental. Fahrenheit 9/11 (2004), Sicko (2007) e Capitalismo: una historia de amor (2009) son outras das súas polémicas visións sobre os sucesos do 11 de setembro de 2001, o servizo sanitario americano e os intereses das grandes corporacións, respectivamente. Tras ¿Qué invadimos ahora? (2015) e Michael Moore en Trumpland (2016), este novo documental pretende desmontar as mentiras, ou fake news, ao redor do novo presidente electo americano.