Paco León

Descrición

(1974, Sevilla,España) Comeza a súa carreira como actor en 1999, alternando pequenos papeis en obras de teatro e series de televisión. Co programa Homo Zapping (2003-2005) gaña notoriedade interpretando diversos personaxes da televisión daquela época e obtendo varios premios. Pero o papel que o catapulta á fama en todo o país é o de Luisma na serie Aída (2005-2014): un premio Ondas, tres Fotogramas de Plata, un da Unión de Actores, dous TP de Oro e tres da Academia da TV é o resumo de premios que obtivo con este personaxe.
Estréase coma director en 2012 con Carmina o revienta, protagonizada pola súa nai e a súa irmá, e coa que consegue o premio á Mellor Película no Festival de Málaga. Dous anos despois, en 2014, a súa secuela, Carmina y amén obtén o premio ao Mellor Guión en Málaga tamén, así como outros premios en diferentes festivais internacionais.

Películas