Paolo Sorrentino
Descrición
(Nápoles, Italia, 1970) Guionista e director italiano, abandona os seus estudos de economía e comercio aos 25 anos para dedicarse ao cine. Debuta escribindo o guión de Polvere di Napoli (1998), e dirixindo varias curtametraxes. Realiza o seu debut nas longametraxes con L’uomo in piú (2001).
Pero o seu recoñecemento a nivel internacional chega con Las consecuencias del amor (2004), un thriller co que obtén múltiples nominacións, incluso a nominación á Palma de Oro en Cannes. Obtén o Premio do Xurado en Cannes con Il Divo (2008), biopic do político italiano Giulio Andreotti.
Un lugar donde quedarse (2011) foi o seu debut nunha película rodada en inglés.
No ano 2013, co film La gran belleza, obtén de novo todo tipo de recoñecementos a nivel internacional, tanto de público como de crítica: Óscar, Globo de Oro e BAFTA á Mellor Película de Fala Non Inglesa, 9 premios David de Donatello (entre eles, Mellor Película e Director), 4 Premios do Cine Europeo, e así ata máis de 50 galardóns.