Paolo Sorrentino

Descrición

O director, Paolo Sorrentino (Nápoles, Italia, 1970)

Guionista e director italiano, abandona os seus estudos de economía e comercio aos 25 anos para dedicarse ao cine. Debuta escribindo o guión de Polvere di Napoli (1998), e dirixindo varias curtametraxes. Realiza o seu debut nas longametraxes con L’uomo in piú (2001).

Pero o seu recoñecemento a nivel internacional chega con Las consecuencias del amor (2004), un thriller co que obtén múltiples nominacións, incluso a nominación á Palma de Oro en Cannes. Obtén o Premio do Xurado en Cannes con Il Divo (2008), biopic do político italiano Giulio Andreotti.

Un lugar donde quedarse (2011) foi o seu debut nunha película rodada en inglés.

No ano 2013, co film La gran belleza, obtén de novo todo tipo de recoñecementos a nivel internacional, tanto de público como de crítica: Óscar, Globo de Oro e BAFTA á Mellor Película de Fala Non Inglesa, 9 premios David de Donatello (entre eles, Mellor Película e Director), 4 Premios do Cine Europeo, e así ata máis de 50 galardóns. Tras varias curtametraxes, dirixe La juventud (2015) antes de embarcarse no proxecto da serie de televisión para a HBO El joven Papa (2016), que terá continuación o próximo ano 2020 con El nuevo Papa. Entre tanto, levou a cabo Loro, esta película sobre Silvio Berlusconi que en Italia estreouse en dúas partes (Loro 1 e 2), pero que tivo un montaxe especial para o mercado internacional (en España: Silvio y los otros), con 54 minutos menos que o total das dúas partes estreadas no seu país.

Películas