Paul Thomas Anderson
Descrición
O director, Paul Thomas Anderson (1970, Studio City, California, EEUU)
Moi influenciado polo seu pai, que presentaba un late night de terror en Cleveland, P. T. Anderson pertence a xeración de directores que coñeceron o cine a través das cintas de vídeo mais que nas propias salas ou na televisión.
Dáse a coñecer coa curtametraxe The Dirk Diggler Story (1988). Traballando coma asistente en moitos anuncios e video-clips, por fin chégalle a oportunidade de debutar con Sydney (1996), onde xa se deixan notar moitas das marcas típicas do seu futuro cine: suaves movementos de cámara, longas escenas, sobresaíntes actuacións e un fabulosos uso da luz.
Boogie Nights (1997) foi o seu recoñecemento internacional cara ó público e Magnolia (1999) a nivel de crítica, gañando o Oso de Oro en Berlín. Tras Embriagado de amor (2002), con Pozos de ambición (2007) gañaría o Oso de Prata ao Mellor Director en Berlín. The Master (2012) e Puro Vicio (2014) foron as súas obras anteriores.
Ademais das longametraxes referidas, segue dirixindo curtametraxes, documentais e video-clips principalmente para o grupo británico Radiohead, cuxo guitarrista Jonny Greenwood é xa o habitual compositor da música das súas películas, dende a súa primeira colaboración en Pozos de ambición.