Pedro Aguilera

Descrición

O director, Pedro Aguilera (1978, San Sebastián, Guipúscoa, España)

Tras licenciarse en Belas Artes na Complutense de Madrid, traballou coma debuxante de storyboards para varias axencias de publicidade. Posteriormente comezou a escribir, dirixir e producir varias curtametraxes. En México traballou coma axudante de dirección do director Carlos Reygadas.

La influencia (2007) supuxo o seu debut cinematográfico, encargándose tamén de escribir o guión. Foi seleccionada na Quincena de Realizadores do Festival Internacional de Cannes, obtendo diversos premios a nivel internacional.

Naufragio (2010) sería a súa segunda película, da que tamén é autor do guión, pola que obtivo unha mención espical do xurado no Festival de Sevilla.

Demonios tus ojos é a súa última película ata o de agora.

Películas