Robin Campillo

Descrición

O director, Robin Campillo (1962, Mohammédia, Marrocos)

Realizador, guionista e montador francés. Formouse no Instituto de Altos Estudios Cinematográficos (IDHEC) en París. Alí coñece  o que será tamén outro prestixioso director francés: Laurent Cantet, con que co-escribe e monta as películas El empleo del tiempo (2001), Hacia el sur (2005) e La clase (2008) pola que obteñen a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes.

Dirixe a súa primeira longametraxe en 2004: La resurrección de los muertos, que posteriormente inspirará unha serie de televisión. Ata 2013 non volve poñerse tras as cámaras para dirixir Eastern Boy, que tamén escribe e monta.

Coa seu terceiro filme, 120 pulsaciones por minuto (2017) obtén, entre outros premios, a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes.

Películas