Sebastián Borensztein

Descrición

O director, Sebastián Borensztein (1963, Bos Aires, Arxentina)

Licenciado en Ciencias da Información e formado coma director de actores na Escola de Augusto Fernandes, comezou como creativo publicitario a mediados dos anos oitenta do pasado século. Posteriormente traballa coma guionista, produtor e director dos proxectos do seu pai, o humorista Tato Bores polo que obtivo varios premios no seu país, iniciando así unha exitosa carreira no mundo da televisión.

No ano 1997 crea a miniserie para tv El garante, coa que mesmo chega a ser nominado a un premio Emmy. Prosegue a súa carreira na televisión, sendo distinguido co premio Konex coma un dos cinco mellores directores de televisión da década.

No ano 2005 da o salto á gran pantalla co filme La suerte está echada, da que é guionista e director, tarefas das que sempre se encargará nos seus seguintes proxectos: Sin memoria (2010), Un cuento chino (2011), Kóblic (2016) e a súa última produción, La odisea de los giles (2019).

Películas