Stéphane Brizé
Descrición
Nado en Rennes (1966), asistiu ó Instituto de Estudos Tecnolóxicos antes de ir a París, onde comezou a súa carreira no teatro e na televisión. Despois comezou a escribir e dirixir curtametraxes, mesmo a actuar nelas, e noutras non dirixidas por el mesmo.
O seu debut no mundo das longametraxes prodúcese con Le Bleu des villes (1999), pola que xa obtén algún premio a nivel internacional. De feito, a súa segunda obra No estoy hecho para ser amado (2005) recibe en San Sebastian o premio á mellor película. En 2009 Mademoislle Chambon convértese no seu maior éxito a nivel de público.
La ley del mercado recibe tamén gabanzas a nivel internacional, especialmente pola interpretación do seu protagonista, Vincent Lindon.