Thomas Kruithof

Descrición

Director e guionista francés autodidacta, non foi a ningunha escola de cine, e non fixo ningún tipo de formación audiovisual. Testigo é a súa primeira película, tras a curtametraxe Retención (2013), da que tamén é  autor do guión.

O proceso de creación de Testigo levoulle sobre seis anos, de forma intermitente. Nas súas propias palabras: “Considero que eses paróns foron positivos, porque servíronme para alonxarme e coller unha mellor perspectiva para analizar a historia que quería contar. Non é algo que fixera adrede, pero botando a vista atrás creo que me veu ben, sobre todo tendo en conta que é un thriller, e polo tanto cada detalle conta, así como a orde na que apareza. Todos os obxectos e os personaxes que aparecen fano por unha razón moi concreta, e fano no  momento no que deben aparecer. É algo ao que prestei moita atención durante a escritura. Diría incluso que non so era importante para mantener a tensión no espectador, senón pola propia temática do guión, que trata a obsesión por controlar ás persoas.”

Películas