Silvio y los otros
![](https://xn--cineclubecarballio-30b.org/sites/default/files/styles/caratula/public/SILVIO_poster1Mb_OK_jpg_139_min.jpg?itok=CWuFVOQN)
Sinopse
Silvio Berlusconi atópase no momento máis complicado da súa carreira política, ven de saír do goberno e coas acusacións de corrupción e de conexión coa mafia a punto de chegar ao xulgado.
Sergio Morra é un atractivo home feito a si mesmo que soña con dar un pulo aos seus cuestionables negocios de provincia a unha escala internacional. O camiño máis rápido para conseguilo é achegarse a Silvio. Mais só hai unha forma de chamar a atención de Il Cavaliere: as festas, a extravagancia e o exceso.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Críticas
“A película é Sorrentino en estado puro, un monumental exercicio de incontinencia, tanto argumental coma estilística.” (Alberto Luchini, El Mundo)
“Retrato emocional do home detrás da careta do poder (…) Unha película 100% Sorrentino. (…) Servillo, como non, está inmenso.” (Irene Crespo, Cinemanía)
“Para culpables e contraditorios voyeurs da decadencia de Europa (…) Pantagruélico, excesivo, o director ponse do lado do seu vilán de opereta.” (Fausto Fernández, Fotogramas)