Cómo hacerse millonario antes de que muera la abuela

Sinopse
Cando M, un rapaz folgazán e mexericas, descobre que a súa avoa sofre unha enfermidade terminal decide deixar a súa precaria carreira como streamer para coidar dela. Iso si, coa ollada posta no seu patrimonio multimillonario.
Para gañarse á avoa non é tan doado. Resulta ser unha muller de armas tomar, esixente, rigorosa e moi difícil de compracer. E, por si fora pouco, M non semella ser o único descendente interesado.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Críticas
“A relación entre un rapaz e a súa avoa contén un agradable proceso de maduración e efluvios emocionais que sorprenderán ao espectador porque non se ocultan nin se pretende sutilezas. É unha película sen filtro nese sentido.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Un melodrama tan exquisitamente obvio coma irrenunciable (...) cada actor, cada xesto, cada liña de guión traballan no mesmo sentido: a emoción limpa e libre de cinismos.” (Luis Martínez, El Mundo)
“Conmovedora aínda que sen excesos (...) e unha mensaxe que vai máis alá de calquera fronteira (...) unha historia desas que podemos chamar bonitas pero sen caer no lacrimóxeno.” (Carmen L. Lobo, La Razón)


