Maspalomas

13 Febreiro 2026
20:00
22:30
Título orixinal: 
Maspalomas
Sesión: 
Nº465
Prezo: 
3€ parados, estudantes e xubilados / 5€ público xeral
Lugar: 
Auditorio Manuel María O Carballiño
Idioma: 
Español
Duración: 
115 minutos
Ano: 
2025
País: 
España
Comparte: PDF

Sinopse

Tras romper coa súa parella, Vicente, de 76 anos, leva a vida que lle gusta en Maspalomas: o seu día a día pásoa tombado ao sol, de festa e buscando o pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e a reencontrase coa súa filla, a quen abandonara anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si mesmo. Neste novo entorno, deberá preguntarse se aínda está a tempo de reconciliarse cos demais... e consigo mesmo.

Reparto

Tráilers e Vídeos

Premios

    • Festival de San Sebastián 2025: Mellor Actor (José Ramón Soroiz)
    • Premios Forqué 2025: Mellor Actor (José Ramón Soroiz)

Críticas

  •  

    “Unha película áspera, con algunha zona escarpada difícil de atravesar, pero moi sensible e ilustrativa do camiño que toma e ao que chega.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)

    “Un relato soberbio, cru e moi emocionante de vellos gays que, en efecto, teñen relacións sexuais (...) Un arrebatado melodrama de liberdade e liberación sobre a vellez, a homosexualidade e o pracer do sexo.”(Luis Martínez, El Mundo)

    “Explicitude e delicadeza no armario homosexual da terceira idade (...) aborda tal cantidade de temas acerca do ser humano e da nosa coexistencia en sociedade que a suma de capas resulta fascinante.” (Javier Ocaña, El País)

Próximas Películas

FATHER MOTHER SISTER BROTHER

30 Xaneiro 2026 20:00 22:30

La voz de Hind

6 Febreiro 2026 20:00 22:30 VOS

Los tortuga

20 Febreiro 2026 20:00 22:30

Programación xaneiro-febreiro

27 Febreiro 2026 20:00

Jone, a veces

27 Febreiro 2026 20:00 22:30