Cómo hacerse millonario antes de que muera la abuela

10 Outubro 2025
20:00
22:30 VOS
Título orixinal: 
Lahn mah
Sesión: 
Nº451
Prezo: 
3€ parados, estudantes e xubilados / 5€ público xeral
Lugar: 
Auditorio Manuel María O Carballiño
Idioma: 
Tailandés
Duración: 
126 minutos
Ano: 
2024
País: 
Tailandia
Comparte: PDF

Sinopse

Cando M, un rapaz folgazán e mexericas, descobre que a súa avoa sofre unha enfermidade terminal decide deixar a súa precaria carreira como streamer para coidar dela. Iso si, coa ollada posta no seu patrimonio multimillonario.

Para gañarse á avoa non é tan doado. Resulta ser unha muller de armas tomar, esixente, rigorosa e moi difícil de compracer. E, por si fora pouco, M non semella ser o único descendente interesado.

Reparto

Tráilers e Vídeos

Críticas

  • “A relación entre un rapaz e a súa avoa contén un agradable proceso de maduración e efluvios emocionais que sorprenderán ao espectador porque non se ocultan nin se pretende sutilezas. É unha película sen filtro nese sentido.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)

    “Un melodrama tan exquisitamente obvio coma irrenunciable (...) cada actor, cada xesto, cada liña de guión traballan no mesmo sentido: a emoción limpa e libre de cinismos.” (Luis Martínez, El Mundo)

    “Conmovedora aínda que sen excesos (...) e unha mensaxe que vai máis alá de calquera fronteira (...) unha historia desas que podemos chamar bonitas pero sen caer no lacrimóxeno.” (Carmen L. Lobo, La Razón)

Próximas Películas

A different man

14 Novembro 2025 20:00 22:30 VOS

Programación novembro-decembro

19 Decembro 2025 20:00 22:30