Donbass
Sinopse
Cando se lle chama “paz” á guerra, cando a propaganda é presentada como verdade, cando se lle chama “amor” ao odio, é aí onde a mesma vida comeza a semellarse á morte.
Desfile de viñetas de patriotismo, histeria, violencia ou burocracia. No este de Ucraína a sociedade comeza a degradarse cando na era da post-verdade afloran a manipulación e a propaganda sen límites éticos.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Críticas
“Unha película incómoda, caótica, brutal. Parafraseando a Coppola, non se conta a guerra, é a guerra. Soberbia.” (Luís Martínez, El Mundo)
“Un estilo seco, directo. O director sabe ofrecer un relato extremadamente lóxico no caos que produce calquera conflito bélico. Debulla a absoluta falta de impunidade dunha sociedade quebrada.” (Quim Casas, El Periódico)
“Cun formidable manexo do plano-secuencia e un descarnado relato da desinformación, Loznitsa arrebata cunha difícil película sobre a corrupción, a belixerancia e a impunidade..” (Javier Ocaña, El País)