Sergei Loznitsa

Descrición

O director, Sergei Loznitsa (1964, Baranovichi, Bielorrusia)

Nacido na antiga URSS, creceu en Kiev onde se graduou en Matemáticas Aplicadas na Politécnica de Kiev en 1987. Así, traballou durante un tempo coma científico en intelixencia artificial no Instituto de Cibernética de Kiev. Ao mesmo tempo, tamén facía traducións do xaponés.

Porén, continuou estudando, e en 1997 graduouse coma director de cine no Instituto Ruso de Cinematografía, en Moscova. Dende entón comeza a facer multitude de documentais, ata que dirixe a súa primeira longametraxe de ficción, Schaste moe, en 2010. Con En la niebla (2012), o seu segundo filme, obtén o premio FRIPESCI ao Mellor Director en Cannes.

Sen deixar de lado a dirección de documentais, realiza dúas obras máis de ficción: Krotkaya (2017) e Donbass (2018)

Películas