Maspalomas

Sinopse
Tras romper coa súa parella, Vicente, de 76 anos, leva a vida que lle gusta en Maspalomas: o seu día a día pásoa tombado ao sol, de festa e buscando o pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e a reencontrase coa súa filla, a quen abandonara anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si mesmo. Neste novo entorno, deberá preguntarse se aínda está a tempo de reconciliarse cos demais... e consigo mesmo.
Ficha técnica
Reparto
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de San Sebastián 2025: Mellor Actor (José Ramón Soroiz)
- Premios Forqué 2025: Mellor Actor (José Ramón Soroiz)
Críticas
“Unha película áspera, con algunha zona escarpada difícil de atravesar, pero moi sensible e ilustrativa do camiño que toma e ao que chega.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Un relato soberbio, cru e moi emocionante de vellos gays que, en efecto, teñen relacións sexuais (...) Un arrebatado melodrama de liberdade e liberación sobre a vellez, a homosexualidade e o pracer do sexo.”(Luis Martínez, El Mundo)
“Explicitude e delicadeza no armario homosexual da terceira idade (...) aborda tal cantidade de temas acerca do ser humano e da nosa coexistencia en sociedade que a suma de capas resulta fascinante.” (Javier Ocaña, El País)




