Parásitos
Sinopse
Tanto Gi Taek como a súa familia están sen traballo. Cando o fillo maior empeza a dar clases particulares na casa de Park, as dúas familias, que teñen moito en común a pesares de pertencer a mundos totalmente distintos, comezan unha interrelación de resultados imprevisibles…
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
-
Festival de Cannes 2019: Palma de Ouro
-
Premios Oscar 2020: Mellor Película. Mellor Director, Mellor Guión Orixinal e Mellor Película Internacional
-
Globos de Ouro 2020: Mellor Película de Fala Non Inglesa
-
Premios BAFTA 2020: Mellor Guión Orixinal e Mellor Película de Fala Non Inglesa
-
Críticas
“Pesadelo tan certeiro e próximo que proe tanto como divirte. Sorprende a mestría na posta en escena, sempre no límite do verosímil.” (Luís Martínez, El Mundo)
“A urdime argumental é fumeante, vitriólica e a súa posta en escena é portentosa (…) Un non se repón facilmente desta bárbara, finísima e feroz película.” (Oti Rodríguez Marchante, ABC)
“Obra mestra. O resultado é formidable: analizar, reflectir e cuestionar, pero sen deixar de divertir. Contén un senfín de grandes ideas que certifican a chegada de Bong Joon-ho ao seu cénit particular.” (Quim Casas, El Periódico)