Bong Joon-ho
Descrición
O director, Bong Joon-ho (1969, Daegu, Corea do Sur)
Estudante de Socioloxía, foi membro do club de cine da súa universidade e posteriormente completou un programa de dous anos na Academia Coreana de Artes fílmicas. Nese tempo dirixiu multitude de curtametraxes e o seu traballo de graduación, Recuerdo en el cuadro e incoherencia foi proxectado nos festivais de cine de Vancouver e Hong Kong.
A súa primeira longametraxe foi Barking dogs never bite (2000), onde xa aparecían o que serán os piares do seu cine: comedia e cruel sátira social. Tras Memories of Murder (2003) e varias curtametraxes, chegou a película que o catapultou á fama internacional: The Host (2006), aínda hoxe en día o filme surcoreano de maior recadación en taquilla.
Mother (2008), Snowpiercer (2013) e a produción para Netflix Okja (2017) son outras das súas longametraxes antes de Parásitos (2019), xa considerada unanimemente como a súa obra mestra, e pola que foi o primeiro director surcoreano en alzarse coa Palma de Ouro no Festival de Cannes e máis recentemente a primeira película non americana en gañar o Oscar á Mellor Película.