Agnès Varda
Descrición
A directora, Agnès Varda (1928, Bruselas, Bélxica)
Agnès Varda é considerada por moitos como a avoa da Nouvelle Vague e unha pioneira do cine feito por mulleres e do cine feminista. As súas películas, documentais e video-instalacións gardan un carácter realista e social, enmarcadas nun estilo experimental distintivo . Ao longo da súa carreira recibiu multitude premios, coma por exemplo o León de Ouro de Venecia en 1985 por Sin techo ni ley; o premio ao Mellor Documental Europeo en 2000 por Los espigadores y la espigadora; ou o Premio Cesar ao Mellor Documental en 2011 por Las playas de Agnès. Así mesmo recibiu un Óscar honorífico á súa carreira en 2017.