Caras y lugares
Sinopse
Colaboración entre a veterana directora Agnès Vardà e o artista gráfico urbano e fotógrafo francés JR (Jean René), que conforman un proxecto artístico no que percorren Francia nun camión especialmente equipado cunha cabina fotográfica portable e unha impresora, sacando fotos da xente por todo o país, co obxectivo de crear un colosal mural de individuos, comunidades e lugares.
Ao longo de viaxe formarán unha amizade ao tempo que charlan e exploran as súas visións do mundo.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
- Festival de Toronto 2017: Mellor Documental
- Círculo de Críticos de Nova York 2017: Mellor Documental
Críticas
“Máis ca unha simple película, é unha milagre. Con humor, con gravidade, con tristura cunha ledicia dificilmente controlable, a película discorre pola retina do espectador coma un acto de liberación.” (Luís Martínez, El Mundo)
“A película é un caderno de viaxe, cuxas estacións de paso van sendo convertidas por instalacións artísticas efémeras ao servizo dunha idea pertinente.” (Jordi Costa, El País)
“Resulta a ratos divertida e a ratos definitivamente melancólica, e en todo momento emitindo unha irresistible sinceridade” (Nando Salvá, El Periódico)
https://www.filmaffinity.com/es/film303868.html
https://www.fotogramas.es/peliculas-criticas/a19467048/caras-y-lugares/