JR
Descrición
O director, Jean René (1983, París, Francia),
Jean René (JR) é un artista gráfico urbano e fotógrafo coñecido polas súas impactantes obras visuais que consisten en enormes intervencións gráficas nas rúas e tellados de diversas cidades de todo o mundo. Empezou a súa carreira facendo graffiti en París ata que topou unha cámara no metro, comezando a documentar o proceso creativo na realización destes graffitis. Viaxou or toda Europa interesándose por outras persoas cuxo traballo artístico tivera que ver coa exposición ao aire libre. Actualmente a súa obra é coñecida no mundo enteiro, a pesares de permanecer anónimo xa que non enmarca os seus enormes traballos pois desexa deixar espazo para o encontro entre o protagonista e o intérprete das súas obras.