Tres anuncios en las afueras
Sinopse
Mildred Hayes, unha muller de 50 anos cuxa filla adolescente foi violada e asasinada, decide iniciar pola súa conta unha guerra contra a policía do seu pobo, Ebbing, ao considerar que non fai o suficiente para resolver o caso e que se faga xustiza.
O seu primeiro paso será contratar unhas vallas publicitarias denunciando a situación e sinalando ao xefe de policía, William Willoughby, coma responsable principal da pasividade policial.
Ficha técnica
Reparto
Imaxes
Tráilers e Vídeos
Premios
- Premios Óscar 2017: Mellor Actriz (Frances McDormand) e Actor Secundario (Sam Rockwell)
- Globos de Oro 2017: Mellor Película Drama, Guión, Actriz Principal e Actor de Reparto
- Premios BAFTA 2017: 5 premios, incluíndo Mellor Película, Guión, Actriz Principal e Actor de Reparto
- Festival de San Sebastián 2017: Premio do Público
- Festival de Venecia 2017: Mellor Guión (Martin McDonagh)
Críticas
CRITICAS:
https://www.filmaffinity.com/es/film652266.html
https://www.fotogramas.es/peliculas-criticas/a19135370/tres-anuncios-en-las-afueras/
“Cada liña de guión é directamente unha pedrada, cada aparición de Frances McDormand, unha invitación non tanto ao entusiasmo como á ira.” (Luís Martínez, El Mundo)
“McDonagh sérvese dun macguffin tan analóxico coma unhas vallas publicitarias para construír un western moderno protagonizado por unha muller.” (Andrea G. Bermejo, Cinemanía)
“Un reparto estelar (…) diálogos brillantes e un coidado traballo estético respaldan a McDonagh” (Tommaso Koch, El País)